1.2 Alguadaira
Axuda en galego

Menú:

    Garantía e licenza

    Portátiles
        COMPAQ Armada 7770dt
        TOSHIBA Satellite 4090CDS
        TOSHIBA Satellite Pro 4300 series
        TOSHIBA Armada 8200

    Gráficas
        S3 Aurora64v+
        S3 Inc. 86C270-294 Savage/IX-MV (rev 13
        Trident Microsystems Cyber 9525e/IX-MV (rev 13
       
    Son
        ESS Tecnology 1688       
        Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)

    X-CD-Roast
   Problemas con resolucións inferiores a 1024x768
    Configurar dispositivos de rede
    Glosario de ordes para xestión de redes
    Cambiar o contrasinal de "sudo"
    Problemas MPlayer
    Instalar VLC
    Escritorio Movistar
    Vodafone 3G
    Configurar Wicd
    Liña de ordes estilo Alt+F2
    Configurar impresoras
    Impresoras admitidas por "ink" (niveis de tinta)
    Salvapantallas
    O sistema non completa o apagado
    Atallos de teclado (teclas rápidas)
    Modificar opcións de arranque (GRUB)
  
    Acceder a última versión de este manual en liña

    "Bugs" coñecidos
   

Portátiles



COMPAQ Armada 7770dt (versión económica, sin USB, nin rede, nin módem, nin nada de nada)
    CPU P200
    RAM 64Mb

    GRÁFICA (S3 Aurora64v+)
A gráfica admite 1024x780 pero a pantalla non, o que provoca que se carguen as X de forma estrana con iconas gordísimas con 4 cores e a raias. A parte disto, na versión de xorg que trae Lenny a día de hoxe ó módulo para esta tarxeta non vai aló moi ben.

Solución: iniciar MiniNo elixindo no GRUB a opción
     VESA 800x600
 Esto reconfigurará xorg.conf a 800x600 e usará o módulo vesa.

Para determinar que o equipo arranque sempre con esta opción, vexa:  Modificar opcións de arranque

    SON (ESS Tecnology 1688)
Aínda que é unha antiga tarxeta que é compatible desde fai moitisimo tempo, a versión de alsaconf que temos, de momento, non detecta esta tarxeta de son.

Solución: cargar o módulo a man. Editamos como administrador o ficheiro /etc/modules e poñemos na última liña o seguinte:
    snd-ess1688

Ao reiniciar xa debe terse activado o son.

Podemos facer unha orde combinada que nos activa "no momento" a tarxeta e crea a liña correcta para o próximo inicio:
    $ sudo modprobe snd-ess1688 && sudo echo "snd-ess1688" >> /etc/modules




TOSHIBA Satellite Pro 4300 series

    GRÁFICA
        S3 Inc. 86C270-294 Savage/IX-MV (rev 13    
    Problema:
        Presenta o cursor como unha gran mancha cadrada
Actualización: A versión Alguadaira corrixe este problema, aparecendo a mancha só un istante ao cargar las X
    Solución:
        Editar /etc/X11/xorg.conf
        Engadir opcións na sección:
            Section "Device"
                Identifier    "Configured Video Device"
                Option        "sw_cursor            ← Engadir
                Option        "no_accel"            ← Engadir    
            EndSectiom
    SON
        Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)
    Problema:
        Controladora non recoñecida
        Actualización: A versión Alguadaira xa incorpora este firmware compilado por nosoutros.
    Solución:
        Neste tipo de controladora de son imos a tener un pouco de "guerra"
        Terémos que "compilar" un firmware novo

            $ sudo apt-get install build-essential
      $ wget ftp://ftp.alsa-project.org/pub/firmware/alsa-firmware-1.0.17rc2.tar.bz2
      $ tar -xjvf alsa-firmware-1.0.17rc2.tar.bz2
      $ cd alsa-firmware-1.0.17rc2
      $ ./configure
      $ make
      $ cd ymfpci
      $ sudo make install

        Esto instalanos novos ficheiros en /lib/firmware/yamaha, concretamente os ficheros:
            ds1_ctrl.fw - ds1_dsp.fw - ds1e_ctrl.fw

        Un metodo moi simple e máis limpo, aíndaque non garantizo que funcione ao 100%
        Descargamos da web o firmware compilado para a miña máquina e colocamolo no seu sitio:
            $ cd /lib/firmware
      $ sudo wget http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/EXTRAS/firmware/yamaha.tar.gz
      $ sudo tar -xzvf yamaha.tar.gz
      $ sudo rm -R yamaha.tar.gz
            
        Agora en terminal executamos:
            $ sudo alsaconf
        Agardamos... e aceptamos o que nos propon...



TOSHIBA Satellite 4090CDS

    GRáFICA
        Trident Microsystems Cyber 9525
    Problema:
Ao dispor dunha pantalla TFT de baixa resulución (800x600) será necesario advertirllo, senón tomará por omisión a mellor resposta da gráfica e xerará una banda de "ruido" atravesando a pantalla.
Actualización: Este problema NON se presenta co inicio "normal" (o primeiro no menú de GRUB) sobre unha instalación, de usarse outra opción como "no splash" etc... hai que facer estes axustes
    Solución:
        Editar /etc/X11/xorg.conf
        Engadir opcións indicadas:
            Section "Device"
                Identifier    "Configured Video Device"
                Option        "Accel"        "off"    ← Engadir
                    NOTA: pode usarse no seu lugar a liña:
                        Option        "no_accel"
            EndSection

            Section "Screen"
                 Identifier    "Default Screen"
                 Monitor        "Configured Monitor"
                 DefaultDepth    16                      ← Engadir
             EndSection
    


TOSHIBA Armada 8200

    GRÁFICA
        Ver solución para:
        Trident Microsystems Cyber 9525
    SONIDO
        Yamaha Corporation YMF-754 [DS-1E Audio Controller]
        Ver solución para:
        Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)



Problemas MPlayer

Error opening/initializing the selected video_out(-vo) device.

Este erro que da o Mplayer é por que tes seleccionada unha saída de video non admitida polo tua controladora. Para solucionar esto inicia Mplayer, logo vas a opcións e buscas a entrada correspondente aos axustes de video. Una vez aí seleccionas "xv" e reinicias Mplayer.
Se non podes iniciar mplayer en modo gui , entón abres como root o ficheiro /etc/mplayer/mplayer.conf e localizas a entrada comentada #vo=x11  descomentaa e a remprazas por vo=xv despois inicias ou reinicias mplayer e listo.

lanzar con:      gmplayer -vo sdl
                        gmplayer -vo x11
                        gmplayer -vo xv



Escritorio Movistar

http://open.movilforum.com/wiki/index.php/Escritorio_movistar
http://open.movilforum.com/wiki/index.php/Escritorio_movistar:Pantallazos

http://open.movilforum.com/archive/escritorio-movistar/ubuntu/escritorio-movistar.key
deb http://open.movilforum.com/archive/escritorio-movistar/ubuntu gutsy main



Instalar VLC

VLC Videolan ten un conflicto de códecs que fai que non sexa quen de ler ningún, para solucionalo debemos:
Primeiro instalar VLC desde o repositorio de Debian
$ sudo apt-get install vlc

Despois instalaremos os códecs duna versión anterior, facendo unha reinstalación
sudo apt-get install --reinstall ffmpeg=0.svn20080206-18 libavcodec51=0.svn20080206-18 libavdevice52=0.svn20080206-18 libavformat52=0.svn20080206-18 libavutil49=0.svn20080206-18 libpostproc51=0.svn20080206-18 libswscale0=0.svn20080206-18

Eliminamos o directorio de configuración de VLC, para que xere un novo
rm -rf ~/.vlc

NOTA: É probable que co transcurso do tempo -18 (número de versión) poida estar incrementado en -19, -20, ou o que corresponda.



Configurar Wicd

De xeito predeterminado, la versión i486 de GALPon MiniNo Alguadaira ten os daemons (pequelos programas residentes) desactivados, así que o primeiro que debemos facer é iniciar o daemon necesario con "bum", para elo diriximonos a "Sistema → Administrador de inicio" e activamos o daemon:
       wired and wireless network manager
     wicd
Unha vez aplicada esta configuración, xa podemos lanzar wicd desde o menú, desde a barra de tarefas ou coa combinación de teclas Ctrl+Alt+R.
Se lanzamos Wicd desde o menú disporá na área de notificación dunha icona informativa e de acceso á configuración. Lanzandolo desde a barra de tarefas ou co atallo de teclas, lanza Wicd sen a icona de área de notificación, aforrando recursos.

Wicd, inicialmente, está configurado para o caso de que o dispositivo de rede WiFi sexa o ath0, se o seu equipo ten outro nome, como ath1, wlan0, etc... deberemos modificalo nas preferencias de Wicd, para elo executamos Wicd e prememos na lapela "Preferencias", nela, ao principio veremos unha caixa de texto que dice:
    Wireless interface: ath0
e cambiaremola polo que corresponda, por exemplo:
    Wireless interface: wlan0
Unha vez que aceptemos, deberemos volver a premer no botón "Actualizar" para que busque as redes con este novo dispositivo.



Liña de ordes estilo Alt+F2

MiniNo, grazas a IceWM, incorpora un atallo para lanzar ordenes moi cómodo
    Ctrl+Alt+Barra espazadora
Convirte a barra de tarefas nunha entrada de ordenes (veredes que muda a cor a gris).



Salvapantallas
Por omisión, como salvapantallas GALPon MiniNo quedase a pantalla negra, se queremos ter cores e movementos, instalaremos xscreensaver, ben desde Synaptic ou desde terminal
    # sudo apt-get install xscreensaver

Para configurar tempos, figuras etc, podemos executar en terminal como usuario "normal"
    $ xscreensaver

ábrenos unha caixa de dialogo,  prememos en Settings
ou, en Programas -> Pantalla -> Gardar -> ScreenSaver Preferences
e ábrenos a ventá de configuración 
    


Cambiar o contrasinal de "sudo"

Podemos empregar a opción do menú MiniNo → Usuarios → Cambiar contrasinal de usuario, ou se o preferimos, abrimos unha terminal e, en negriña o texto que debemos intoducir nós:
    minino@MiniNo:~$ sudo passwd
    [SUDO] password for minino:minino
Supoñamos que queremos pasar a utilizar o contrasinal MiniNo:
Enter new UNIX password:MiniNo
Retype new UNIX password:MiniNo
passwd: o contrasinal actualizouse con éxito
minino@MiniNo:~$



O sistema non completa o apagado

Nalgúns equipos, por problemas de compatibilidade da BIOS con ACPI quedasenos o equipo sen completar o apagado, de sucedernos isto, deberemos editar:
        $ sudo leafpad /usr/local/bin/apagador
e a partires da liña 117 veremos unhas liñas como estas:
    "$OFF")
    sudo shutdown -h now & aplay /usr/share/lxp-icewm/sounds/systemOff.wav
    #killall x-session-manager && sudo shutdown -h now & aplay /usr/share/lxp-icewm/sounds/systemOff.wav
    ;;
Só teremos que cambiar o comentario # de liña, pasandoo á anterior, para que quede así:
    "$OFF")
    #sudo shutdown -h now & aplay /usr/share/lxp-icewm/sounds/systemOff.wav
    killall x-session-manager && sudo shutdown -h now & aplay /usr/share/lxp-icewm/sounds/systemOff.wav
    ;;



Modificar opcións de arranque (GRUB)

Debido a un bug de Debian con Spalshy, especialmente en máquinas lentas, producese unha perda de tempo na carga do sistema e a maioría das veces non carga co Splash visible. Para solucionar este problema, debemos arrancar o sistema coa opción:
    GALPon MiniNo (no splash)
Pero sóe ser un problema o que nos despistemos e non movamos a liña de inicio e que así teñamos que estar agardando. Para solucionalo:

Vamos a facer que este sexa o modo normal ou predeterminado de carga para elo debemos editar o ficheiro responsable e facer un pequeno cambio, este é o método:
    $ sudo nano /boot/grub/menu.lst
ou
    $ sudo leafpad /boot/grub/menu.lst

veras un ficheiro de texto que comeza por:
    # See www.gnu.org/software/grub for details
    # By default, boot the first entry

    default        0

O ficheiro aínda ten máis contido, pero paramonos aquí xa que esta última liña é a que nos interesa
    default        0
Cambiamos ese 0 (cero) por un 1 (un) para que quede así
    default        1
Gardamos o ficheiro e nos seguintes reinicios/inicios veremos que de modo predeterminado xa arranca sin splash e polo tanto sen o problema de quedarse atourado nun reinicio/apagado.

Para outras opcións, os valores de default son:
VESA 1024x768        3
VESA 800x600         4
AUTO 16bits/color    5
Old serial mouse     6

Se o desexamos tamén podemos modificar a liña
    timeout   5
Para modificar o tiempo de espera, o que é especialmente recomendado se o noso S.O. é o único que hai na máquina
    timeout   0
Supon que se inicia inatantáneamente, o que non é moi recomendable, sendo preferible unha espera de 2 ou 3 segundos por se for necesario, en caso de emerxencia, recurrir a editar o GRUB

Tamén podemos facer que non se vexa o menú, engadindo la liña
    hiddenmenu
Poderemos facer que o menú sexa visible mentres vemos en pantalla:
    Pres 'ESC' to enter the menu... X
Premendo a tecla de Escape

co que o inicio do ficheiro menu.lst quedaría (máis ou menos) así:
    # See www.gnu.org/software/grub for details
    # By default, boot the first entry

    default        0
    # Boot automatically after 5 seconds
    timeout   3
    hiddenmenu




Garantía e licenza

GALPon MiniNo distribúese co desexo e a esperanza de que sexa útil, pero SEN NINGUNHA GARANTÍA, nin de IDONEIDADE nin de ADECUACIÓN A NINGÚN PROPÓSITO.

Licenza

GALPon MiniNo está conposto de multitude de aplicativos de distinta orixe e amparadas en distintas licenzas.

Os aplicativos contidos en GALPon MiniNo foron elixidos para obter un "produto" que non estiviera sometido a ningunha restricción de copyright para que puidera ser copiada e distribuida libremente. Así mesmo tentouse que foran libres, é dicir, que o usuario poida modificalas, sendo para elo preciso que as fuentes estean dispoñibles. Por todo elo, en cada caso aplicaráse a que ampare a cada aplicativo en concreto e no caso de que houbera dubida ou non estivera especificado será a licencia GNU/GPL versión 2.

O traballo desenvolvido polo equipo de GALPon MiniNo, incluidos manuais, procesos, scripts, etc... publicanse baixo as condiciones da GNU/GPL versión 2 ou posterior publicada pola Fundación de Software Libre.

Os fondos de pantalla publícanse como Creative Commons (atribution share-alike).

 Licenza Pública Xeral de GNU (GNU/GPL) versión 2
 Traducción GNU/GPL v2 ao castelan (non oficial)
 Licencia Creative Commons atribution+share-alike




    "Bugs" coñecidos

        # 1    CUPS, en Minex, abrese só en inglés                                         <Menor>
        # 2    Nalgúns sistemas non completa o apagado/reinicio                     <Menor>
                  Ver consellos neste manual