
Relación de tarxetas
probadas sobre MiniNo,
incidencias que presentan e solución no seu caso
SENAO SL-2511 CD PLUS(E100)
Wireless LAN PC Card (PCMCIA)
SMC SMCWCB-G Wireless Cardbus
Adapter (PCMCIA)
D-Link DWL-G122 Wireless G USB
Adapter (Versión C1) (USB)
LinkSys WUsb54GC Compact Wireless USB Network Adapter 802.11g
Tarxetas con dispositivo Intel
wireles 3945
SENAO
SL-2511 CD PLUS(E100) Wireless LAN PC Card (PCMCIA)
chip: Prism v.2.5
recoñecida por "lspci" como:
??
según sudo
pccardctl ident
product
info: "INTERSIL", "HFA384x/IEEE", "Version 01.02", ""
manfid:
0x0156, 0x0002
function:
6 (network)
MiniNo activa todos os controladores dispoñibles para este
dispositivo
orinoco
hermes
hostap
con
o que o sistema volvese "parvo" e
non activa a
conexión, así que vamos a empregar só o módulo básico, é dicir o orinoco,
para elo enviamos os demais a "lista negra", editamos:
sudo
nano /etc/modprobe.d/blacklist
e no final engadimos as seguintes liñas:
blacklist
hostap_cs
blacklist
hostap
blacklist
hermes
Reiniciamos e o sistema recoñecea como dispositivo
ethX.
Teñamos en conta que así non nos permitirá tramitar
contrasinais WPA.
Quen precise traballar con contrasinais WPA deberá tomarse un pouco de
traballo e indagar como facer funcionar o módulo hostap.
SMC
SMCWCB-G Wireless Cardbus Adapter (PCMCIA)
chip: Atheros AR2413
recoñecida por "lspci" como:
02:00.0
Ethernet controller: Atheros Communications Inc. AR2413 802.11bg NIC
(rev 01)
O sistema recoñecea automáticamente como dispositivo athX,
emprega o modulo "ath5k_pci".
Totalmente operativa sen ningunha operación adicional.
D-Link
DWL-G122 Wireless G USB Adapter (Versión C1) (USB)
Deste dispositivo, nestos momentos hai no mercado dúas versións
(ver etiqueta do dispositivo):
Versión B1 chip: Ralink rt2570
Versión C1 chip: Ralink rt73usb
recoñecida por "lsusb" como:
D-Link System DWL-g122 821.11g Adapter [ralink rt73]
O sistema recoñecea automáticamente como dispositivo wlanX,
emprega o modulo "rt73".
Totalmente operativas sin ningunha manipulación adicional.
LinkSys WUsb54GC Compact Wireless USB Network Adapter 802.11g
Mesmas características que a D-Link DWL-G122 Wireless G USB
Adapter
Tarxetas
co dispositivo Intel wireles 3945 (habitual en portátiles
actuais como módulo integrado)
chip: ipw3945
recoñecida por "lspci" como:
06:00.0
Network controller: Intel Corporation PRO/Wireless 3945ABG Network
Connection (rev 02)
Neste caso, atopamonos cun controlador non libre, para a súa
instalación debemos de asegurarnos de que temos activado o
repositorio non-free de Debian e seguir este procedimento:
O primeiro paso é saber que núcleo (kernel) temos
uname -r
diranos algo como esto:
2.6.26-1-486
anotamolo para despois substituir xx.x.xxx polo que nos diga "uname-r"
Instalando o módulo, o daemon e o firmware
sudo
aptitude install ipw3945-modules-2.6.xx-x-xxx
sudo
aptitude install ipw3945d
sudo
aptitude install firmware-ipw3945
Nunha sóa liña de ordenes:
sudo
aptitude install firmware-ipw3945 ipw3945d ipw3945-modules-2.6.26-1-486
(ou o que nos indique
"uname -r")
Comprobar si recoñece a interface de wireless con:
sudo
iwconfig
Engadimos o contolador á lista de módulos
sudo
modprobe ipw3945
Reiniciamos o daemon
sudo
/etc/init.d/ipw3945d restart
Devolveranos algo como:
Stopping
ipw3945 regulatory daemon: ipw3945d
Starting
ipw3945 regulatory daemon: ipw3945d
E xa debe estar funcionando.
Quen queira facelo de xeito gráfico pode empregar Synaptic para esta
instalación.
