Problemas con resolucións inferiores a 1024x768


Algunhas aplicacións como X-CD-Roast e TagTool precisan de resolucións mínimas de 1024x768, aquí indicarei algún "truque" para que podamos traballar en equipos con resolucións de 800x600

No caso de X-CD-Roast,  hai que lanzalo coa orde:
        xcdroast -n
se é a primeira vez
        sudo xcdroast -n
A fin de poder empregar este metodo para lanzalo dende os menús, teremos que editar o fichero de entrada ao menú.
    $ sudo nano /usr/share/applications/xcdroast.desktop
e a liña de execución, a 7ª, deixamola así:
     Exec=xcdroast -n
Gardamos con Ctrl+O e saímos con Ctrl+X

En todos os casos é moi util a combinación de teclas Alt+F11 xa que nos vai permitir pasar a aplicación a pantalla completa, co que se redimensiona e xa entra toda a ventá na pantalla, e para reverter a modo de pantalla normal.