Vodafone 3G

Para poder utilizar dispositivos 3G de Vodafone no MiniNo, deberemos instalar as ferramentas GPL que nos dispon Vodafone:
ozerocdoff
usb-modeswitch
vodafone-mobile-connect
podemos descargalas desta páxina https://forge.betavine.net/frs/?group_id=12
(elixir as do grupo  Debian, Ubuntu, Ubuntu Netbook Remix, Linux Mint)
tendo en conta de que a día de hoxe as versións máis recentes probadas en MiniNo son:
ozerocdoff_0.4-2_i386.deb
usb-modeswitch_0.9.7_i386.deb
vodafone-mobile-connect_2.25.01-1_all.deb
podemos descargalas directamente usando o terminal/consola coas ordes:
$ wget https://forge.betavine.net/frs/download.php/538/ozerocdoff_0.4-2_i386.deb
$ wget https://forge.betavine.net/frs/download.php/490/usb-modeswitch_0.9.7_i386.deb
$ wget https://forge.betavine.net/frs/download.php/626/vodafone-mobile-connect_2.25.01-1_all.deb

Para instalalas, podemos utilizar "GDebi", pero recomendo que o hagamos todo desde terminal:
$ sudo dpkg -i ozecerocdoff*
$ sudo dpkg -i ozecerocdoff*
$ sudo dpkg -i ozecerocdoff*

Daranos unha mensaxe de erro por dependencias non cumplidas, para solucionalo executamos
$ sudo apt-get -f install
Esta mensaxe de erro é polo que recomendo que se faga desde terminal, se o facemos empreando GDebi, deberemos executar no terminal esta última orde.
 
Cuando remate a instalación, no menú de Internet tenremos unha nova entrada Vodafone Mobile Connect, ececutandoa entraremos na configuración do dispositivo.

O noso a gradecimento a TEGNIX por cedernos os equipos para as probas.