FBReader en galego
http://www.fbreader.org/about.php

Para Debian/Ubuntu.
Temos dúas formas de instalar FBReader na computadora: instalación desde repositorio (recomendado para a maioría de usuarios) e instalación manual.

    * Instalación desde repositorio:
          o engada as seguintes liñas no seu /etc/apt/sources.list:
            deb http://www.fbreader.org/desktop/debian stable main
            deb-src http://www.fbreader.org/desktop/debian stable main
          o (opcional) instale as chaves PGP:
                + descargue o ficheiro de chaves [http://www.fbreader.org/desktop/debian/geometer.fbreader.org.asc]
                + como root (administrador) ou con «sudo», execute: apt-key add geometer.fbreader.org.asc
          o como root (administrador) ou con «sudo», execute: apt-get update
          o (opcional) De xeito predeterminado instalarase o módulo de interface GTK+. Se prefire empregar FBReader coa interface  QT (ou con QT4), execute con permisos de  root (administrador) ou con sudo «apt-get install libzlui-qt» (ou «apt-get install libzlui-qt4»).
          o como root (administrador) ou con «sudo», execute: apt-get install fbread

    * Instalación manual:
          o Os paquetes «libexpat1», «libcurl3», «libbz2» e «libfribidi0» están incluidos no repositorio estándar de Debian. Descargue os paquetes que necesite do repositorio de FBReader [http://www.fbreader.org/desktop/debian/pool/main/f/fbreader/]. O paquete «liblinebreak1» tamén está dispoñíbel no repositorio de FBReader [http://www.fbreader.org/desktop/debian/pool/main/libl/liblinebreak/]. 


Mentres os desenvolvedores non incorporen as traducións nos repositorios, para poder incorporalas nós deberemos facer o seguinte:
Unha vez instalado, descargue o noso paquete de traducións desde [http://gruvi.galpon.org/minino/traducciones/FBReader/FBReader.tar.bz2] descomprima o arquivo e copie os ficheiros traducidos coas seguintes ordes/rutas

Para a versión 0.10.7
[# ou sudo] cp RUTA/FBReader/all/help/MiniHelp.gl.fb2 /usr/share/FBReader/help/
[# ou sudo] cp RUTA/FBReader/v-0.10.7/FBReader/gl.xml /usr/share/FBReader/resources/
[# ou sudo] cp RUTA/FBReader/v-0.10.7/zlibrary/gl.xml /usr/share/zlibrary/resources/

Para a versión 0.12.10
[# ou sudo] cp RUTA/FBReader/all/help/MiniHelp.gl.fb2 /usr/share/FBReader/help/
[# ou sudo] cp RUTA/FBReader/v-0.12.10/FBReader/gl.xml /usr/share/FBReader/resources/
[# ou sudo] cp RUTA/FBReader/v-0.12.10/zlibrary/gl.xml /usr/share/zlibrary/resources/

NOTA: «RUTA» é o enderezo/directorio onde vostede descargou e/ou descomprimiu este arquivo.

Pode obter máis información de como instalar noutros sitemas e/ou dispositivos (moviles) en: http://www.fbreader.org/downloads.php

