Isto é purrr, unha ferramenta para cambiar o nome dos ficheiros de
forma masiva escrita en PyGTK.

Que?
=====
Purrr permítelle renomeaar múltiples ficheiros de acordo cun esquema
especificado.
Os esquemas son en realidade unha linguaxe de programación en
miniatura.
Permite automatizar a non tan divertida tarefa de renomear un feixe
de ficheiros case idénticos a man.
Se algunha vez descargou unha serie de anime con ficheiros chamados
de forma intelixente indo do kimi_ga_ep1_divx_mp3 [23ed4xc]. avi
ao kimi_ga_ep13_divx_mp3 [4c00ddd]. avi, seguramente se fai unha idea
do que se pretende con este programa.

Como?
====
Se renomeaa seguindo un esquema. O esquema consiste nunha cadea de
caracteres, que (en xeral) pode ter dúas partes distintas.
Unha delas é _normal_, é dicir, cadea que se copia tal cal.
A outra é  _especial_, é dicir, que fai referencia a un tipo
determinado de valor. Todas as referencias especiais escríbense
entre corchetes ([e]). Hai 4 tipos especiais:

* Contadores. [C]. Un contador é a ferramenta básica que se
  utilizará para inserir unha sucesión de números nos nomes dos
  ficheiros. O número vaise incrementando ao pasar ao seguinte
  ficheiro. Pode ter 3 argumentos separados por comas: valor de
  inicio, diferenza entre números e lonxitude en díxitos do número.

   Por exemplo, o uso deste esquema: "ficheiro [[C,10,5,3].txt"
   daralle:

   aaa -> ficheiro 010.txt
   bbb -> ficheiro 015.txt
   ccc -> ficheiro 020.txt

   (números de 3 díxitos, que empezan polo 10 e que van de 5 en 5)

* Nome de referencia. [N] substitúe ao nome de referencia de cada
  ficheiro deixándoo tal cal.
   Opcional é o uso de "_" que substituirá os nomes con guións
   baixos por espazos en branco. Por exemplo, "[N_]" daralle:

   aaa -> aaa
   bbb -> bbb
   ccc -> ccc
   some_long_name -> some long name

* Base do nome. [B] é igual que [N], pero sen extensión.
  Así que, "[B_].dat" dará:

   aaa -> aaa.dat
   bbb -> bbb.dat
   ccc -> ccc.dat
   some_name.txt -> some name.dat

* Extensión de referencia. Inserindo [E], manteranse as extensións
  dos ficheiros orixinais.

  Por exemplo, con "ficheiro.[E]":

   aaa.txt -> ficheiro.txt
   aaa.jpg -> ficheiro.jpg
   aaa.mkv -> ficheiro.mkv

O uso de maiúsculas é indiferente, é dicir, [C] dará o mesmo
resultado que [c]). As referencias que non se recoñezan escribiranse
tal cal, de modo que [algo xxx, #?], inserirá a cadea "algo xxx, #?"
no nome do ficheiro resultante. Pero para conseguir os corchetes (ou
a mesma barra invertida) terá que escapar estes carácteres con "\". 

Canto?
=========
Non moito. Purrr é software libre liberado baixo licenza GPL.
Para executalo, necesítase polo menos Python 2.3, PyGTK con 2.4 e as
bibliotecas de Gnome instalado. Tamén necesitarás libglade, que se
utiliza para construír a interfaz de usuario en tempo de execución.

Se usa Nautilus, pode instalar nautilus script que chama a purrr nos
ficheiros seleccionados. Está dispoñible baixo o nome "Renomeador
masivo" no menú contextual.

Quen?
====
Purrr foi desenvolvido por Maciej Katafiasz (http://mathrick.org),
quen se divertiu moito escribíndoo.
