Isto é purrr, unha ferramenta para cambiar o nome dos ficheiros de forma masiva escrita en PyGTK.


Que?
=====

Purrr permítelle renomeaar múltiples ficheiros de acordo cun esquema especificado.
Os esquemas son en realidade unha linguaxe de programación en miniatura.
Permite automatizar a non tan divertida tarefa de renomear un feixe de ficheiros case idénticos a man.
Se algunha vez descargou unha serie de anime con ficheiros chamados de forma intelixente que van do
kimi_ga_ep1_divx_mp3 [23ed4xc]. avi ao kimi_ga_ep13_divx_mp3 [4c00ddd]. avi, seguramente se fai unha idea
do que se pretende con este programa.

Como?
====

Se renomeaa seguindo un esquema. O esquema consiste nunha cadea de caracteres, que
(en xeral) pode ter dúas partes distintas. Unha delas é _normal_, é dicir, cadea que se copia tal cal. A outra é  _especial_,
é dicir, que fai referencia a un tipo determinado de valor. Todas as referencias especiais escríbense entre corchetes ([e]). Hai 4 tipos especiais:

* Contadores. [C]. Un contador é a ferramenta básica que se utilizará para inserir unha sucesión de números nos nomes dos ficheiros. O número vaise incrementando ao pasar ao seguinte ficheiro. Pode ter 3 argumentos separados por comas: lonxitude en díxitos do número, valor de inicio e diferenza entre números.

   Por exemplo, o uso deste esquema: "ficheiro [C,3,10,5].txt" daralle:

   aaa -> ficheiro 010.txt
   bbb -> ficheiro 015.txt
   ccc -> ficheiro 020.txt

(números de 3 díxitos, que empezan polo 10 e que van de 5 en 5)

* Nome de referencia. [N] substitúe ao nome de referencia de cada ficheiro deixándoo tal cal.
   Opcional é o uso de "_" que substituirá os nomes con guións baixos por espazos en branco. Por exemplo, "[N_]" daralle:

   aaa -> aaa
   bbb -> bbb
   ccc -> ccc
   some_long_name -> some long name

* Base do nome. [B] é igual que [N], pero sen extensión. Así que, "[B_].dat" dará:

   aaa -> aaa.dat
   bbb -> bbb.dat
   ccc -> ccc.dat
   some_name.txt -> some name.dat

* Extensión de referencia. Inserindo [E], manteranse as extensións dos ficheiros orixinais. Por exemplo, con "ficheiro.[E]":

   aaa.txt -> ficheiro.txt
   aaa.jpg -> ficheiro.jpg
   aaa.mkv -> ficheiro.mkv

O uso de maiúsculas é indiferente, é dicir, [C] dará o mesmo resultado que [c]). As referencias que non se recoñezan escribiranse tal cal, de modo que [algo xxx, #?], inserirá a cadea "algo xxx, #?" no nome do ficheiro resultante. Pero para conseguir os corchetes (ou a mesma barra invertida) terá que escapar estes carácteres con "\". 

Canto?
=========

Non moito. Purrr é software libre liberado baixo licenza GPL. Para executalo, necesítase
polo menos Python 2.3, PyGTK con 2.4 e as bibliotecas de Gnome instalado. Tamén necesitarás
libglade, que se utiliza para construír a interfaz de usuario en tempo de execución.

Se usa Nautilus, pode instalar nautilus script que chama a purrr nos
ficheiros seleccionados. Está dispoñible baixo o nome "Renomeador masivo" no menú contextual.

Quen?
====

Purrr foi desenvolvido por Maciej Katafiasz (http://mathrick.org), quen se divertiu moito escribíndoo.
