gtkShots (e pyshots)
unha utilidade para capturar imaxes de forma continua
=====================================================

gtkShots é un aplicativo escrito en python/GTK para capturar imaxes de forma continua.
É unha ferramenta manual para gardar automaticamente as capturas de pantalla en periodos
de tempo (non)especificados, coa posibilidade de programar e elixir as opcións para cada
imaxen ao seren gardada, como o tamaño, o cartafol principal e o intervalo de tempo
entre elas.

gtkShots pode ser utilizado cunha gran variedad de obxectivos diferentes, por exemplo,
para crear presentacións, para supervisar a actividad do escritorio, ou para calquera
outro ámbito que necesite unha secuencia de imaxes.

gtkShots é na realidade unha interface gráfica de pyshots, o meu script python de liña de ordes
para facer o mesmo traballo. Polo que, se vostede necesita traballar en sesións de terminal,
pode aproveitar esta funcionalidade.

gtkShots/pyshots son completamente FOSS, software libre e de código aberto, publicado baixo
os termos da licencia GNU GPL 2 ou (a súa elección) de calquera versión posterior.
Se lle gusta gtkShots faga unha donación ao proyecto.

Opciónes de liña de ordenes para pyshots.py:

uso: pyshots.py [opcións]

opcións:
  -h, --help		mostra esta mensaxe de axuda e sae.
  -f CARTAFOL, --folder=CARTAFOL
			O cartafol onde se deben gardar as capturas de pantalla.
			A predeterminada é ~/Desktop/PyScreens.
  -s TAMAÑO, --size=TAMAÑO
			Porcentaxe do tamaño, para reducir o tamaño das capturas para aforrar.
			O predeterminado é 100% (sen cambiar o tamaño)
  -t FRECUENCIA, --frequency=FRECUENCIA
                        Tomar unha captura de pantalla cada (o número dado de) segundos.
			Por omisión é 300 (5 minutos)
  -z TEMPOINICIO, --start-after=TEMPOINICIO
                        Inicio logo dun número de segundos. O valor predeterminado é 0,
			ou iniciar agora.
  -u TEMPOPARADA, --stop-after=TEMPOPARADA
                        Deterse logo dun número de segundos. O valor predeterminado é -1,
			ou deter manualmente.
  -d, --daemon		Executar como «daemon»(servizo).
