Instalar impresoras


MOI IMPORTANTE:
O primeiro que debemos facer é activar o demo cupsd en «Administrador de inicio» marcando ca caixiña
    Common UNIX Printing System
    cups


De seguido comprobar que a nosa impresora está correctamente soportada, a forma máis cómoda, xa que cabe a posibilidade de que xa estea recoñecida e instalado o seu módulo, é proceder á súa instalación e posterior configuración.

Para acceder á instalación da impresora, temos que facelo a través de calquer navegador que teñamos instalado 
e entrar na seguinte dirección http://localhost:631 A páxina é o suficientemente clara como para non ter que explicar nada, só seguir as pautas que nos vai indicando. Só apuntar que cando nos pide usuario e clave, estes son para GALPon MiniNO user e user para calquer outra distribución root e chave_de_administrador
                 
 
Pode darse o caso de que vexamos algúns módulos que nos parezan adecuados, se nos fixamos, ao acabar a instalación, bríndanos a posibilidade de "Imprimir página de prueba", pulsamos na orde e se nos saca un documento correcto, todo está ben; Se pola contra é un documento confuso, é que o módulo non é o adecuado.

Se non aparecese a nosa impresora na relación de "dispoñibles" interrompemos o traballo, pechamos o navegador e  procedemos a instalar os módulos "cupsomatic-ppd" e "hpijs"


    $ sudo apt-get install -y  cupsomatic-ppd hpijs

Ao terminar a instalación dos módulos (e as súas dependencias) repetimos o proceso anterior.

Como nome de impresora, darémoslle aquel que nos sexa facil de identificar, sen espazos. Pode conter "-_/"e talvez agún caracter máis, pero non o teño claro.

A localización non é necesaria, normalmente, a non ser que sexa unha impresora de rede, porque por ese dato será identificada.

Se aínda así non nos aparecese a nosa impresora, ou aínda non imprime correctamente a páxina d proba, ímonos ata a páxina http://openprinting.org/printer_list.cgi
e buscamos cal é o módulo ou driver que lle corresponde á nosa impresora e descargámolo.
 
Preséntanos unhas ventanitas, nas superiores, seleccionamos a marca e o modelo da nosa impresora, pulsando na "tecla" [Show] (á esquerda das "ventaiñas") lévanos á páxina do controlador recomendado.

Buscamos no principio da páxina e vemos "Download PPD", facemos click sobre el e comezase a descarga do controlador.

   

Este controlador queda descargado no noso "cartafol de inicio de xxxx" agora debemos colocala na súa localización definitiva en /usr/share/cups/model/


    $sudo cp Nome-modulo.ppd /usr/share/cups/model/

Ou mellor aínda, copiámolo a /usr/share/ppd

    $ sudo cp Nome-modulo.ppd /usr/share/ppd/

e facemos un enlace simbólico a /usr/share/cups/model

    $ sudo ln -s /usr/share/ppd/Nomee-modulo /usr/share/cups/model/

NOTA: Recorda que se escribes a primeira (ou primeiras) letra(s) do nome do ficheiro -que adoita ser maiúscula- e pulsas o Tabulador, xa che escribirá o nome completo do ficheiro.
 

Configurar a impresora

Se o facemos con calma veremos que é moi versátil, no meu caso concreto teño "dispoñibles" catro impresoras cando en realidade só teño unha, a saber:
Escala de grises (Branco e Negro) calidade
Cor calidade
Escala de grises (Branco e Negro) borrador (Draft)
Cor borrador (Draft)

A metodoloxía é moi simple, á primeira, chámoa HP-3325-BeN (modelo e carácteristica que lle vou a configurar), instáloa e configúroa como "Grey scale Normal". Instalo unha segunda impresora á que lle chamo HP-3325-borrador e configúroa como "Grey scale Drafft" e así sucesivamente.

Na configuración so é preciso modificar o campo "Printout Mode"
 


Para xestionar a impresora podes empregar gtklp que está dispoñible dende os menús
             


Creacion de ficheiros .pdf

Para poder crear ficheiros .pdf debemos instalar "cups-pdf"

    $ sudo apt-get install cups-pdf

e xa disporemos dunha impresora a ficheiros "Generic Postscript printer" (no meu caso é a quinta impresora)