GALPon MiniNo
          Axuda en galego

Menú:


    Portátiles
        Monitor batería para portátiles
        COMPAQ Armada 7770dt
        TOSHIBA Satellite 4090CDS
        TOSHIBA Satellite Pro 4300 series

    Gráficas
        S3 Aurora64v+
        S3 Inc. 86C270-294 Savage/IX-MV (rev 13
        Trident Microsystems Cyber 9525e/IX-MV (rev 13
       
    Son
       ESS Tecnology 1688
       
        Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)
       
    Flash en Kazehakase
    Cambiar o contrasinal de "sudo"
    Crear  "root" sobre a instalacion "sudo"
    Crear "sudo" sobre a instalación "root"
    Problemas MPlayer
    Instalar VLC
    Escritorio Movistar
    Activar porto infravermellos
    Configurar Wicd
    Intel wireles 3495
    Configurar impresoras
    Salvapantallas

    Instalar GALPon minino en liña

    Acceder a última versión de este manual en liña

    "Bugs" coñecidos
   

Portátiles



COMPAQ Armada 7770dt (versión económica, sin USB, nin rede, nin módem, ni ná de ná)
    CPU P200
    RAM 64Mb

    GRÁFICA (S3 Aurora64v+)
A gráfica soporta 1024x780 pero a pantalla non, o que provoca que se carguen as X de forma estrana con iconas gordísimas con 4 cores e a raias. A parte de esto, na versión de xorg que trae Lenny a día de hoxe ó módulo para esta tarxeta nno vai ben.

Solución: terminar as X con Ctrl+Alt+borrar, pasar ao terminal 2 con Alt+F2 e executar a orde
    cargax-seguro
 Esto reconfigurará xorg.conf a 800x600 e usará o módulo vesa.

    SON (ESS Tecnology 1688)
Aínda que é unha antiga tarxeta que está soportada desde fai moitisimo tempo, a versión de alsaconf que temos de momento non detecta esta tarxeta de son.

Solución: cargar o módulo a man. Editamos como administrador o ficheiro /etc/modules e poñemos na última liña o seguinte:
    snd-ess1688

Ao reiniciar xa debe terse activado o son.

Podemos facer unha orde combinada que nos activa "no momento" aa tarxeta e crea a liña correcta para o próximo inicio:

    $ sudo modprobe snd-ess1688 && sudo echo "snd-ess1688" >> /etc/modules




TOSHIBA Satellite Pro 4300 series

    GRÁFICA
        S3 Inc. 86C270-294 Savage/IX-MV (rev 13    
    Problema:
        Presenta o cursor como unha gran mancha cadrada
    Solución:
        Editar /etc/X11/xorg.conf
        Engadir opcións na sección:
            Section "Device"
                Identifier    "Configured Video Device"
                Option        "sw_cursor            ← Engadir
                Option        "no_accel"            ← Engadir    
            EndSectiom
    SON
        Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)
    Problema:
        Controladora non recoñecida
    Solución:
        Neste tipo de controladora de son imos a tener un pouco de "guerra"
        Terémos que "compilar" un firmware novo

            $ sudo apt-get install build-essential
      $ wget ftp://ftp.alsa-project.org/pub/firmware/alsa-firmware-1.0.17rc2.tar.bz2
      $ tar -xjvf alsa-firmware-1.0.17rc2.tar.bz2
      $ cd alsa-firmware-1.0.17rc2
      $ ./configure
      $ make
      $ cd ymfpci
      $ sudo make install

        Esto instalanos novos ficheiros en /lib/firmware/yamaha, concretamente os ficheros:
            ds1_ctrl.fw - ds1_dsp.fw - ds1e_ctrl.fw

        Un metodo mpi simple e máis limpo, aíndaque non garantizo que funcione ao 100%
        Descargamos da web o firmware compilado para a miña máquina e colocamolo no seu sitio:
            $ cd /lib/firmware
      $ sudo wget http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/EXTRAS/firmware/yamaha.tar.gz
      $ sudo tar -xzvf yamaha.tar.gz
      $ sudo rm -R yamaha.tar.gz
            

        Agora en terminal executamos:
            $ sudo alsaconf
        Agardamos... e aceptamos o que nos propon...



TOSHIBA Satellite 4090CDS

    GRáFICA
        Trident Microsystems Cyber 9525
    Problema:
        Ao dispoñer dunha pantalla TFT de baixa resulución (800x600) será necesario advertirllo, senón tomará por defecto a mellor resposta doa gráfica o xerará una banda de "ruido" atravesando a pantalla.
    Solución:
        Editar /etc/X11/xorg.conf
        Engadir opcións indicadas:
            Section "Device"
                Identifier    "Configured Video Device"
                Option        "Accel"        "off"    ← Engadir
                    NOTA: pode usarse no seu lugar a liña:
                        Option        "no_accel"
            EndSection

            Section "Screen"
                 Identifier    "Default Screen"
                 Monitor        "Configured Monitor"
                 DefaultDepth    16                      ← Engadir
             EndSection
    


Monitor batería para portátiles

Para activar o monitor da batería na barra de tarefas
descomentar (quitar/borrar o símbolo #  ao inicio da liña) a liña de ordenes  sinalada ← deixandolle o valor a "1"

#  Show APM/ACPI/Battery/Power status monitor on task bar
# TaskBarShowAPMStatus=1 # 0/1 ← Modificar

A liña a modificar debe quedar así:

TaskBarShowAPMStatus=1 # 0/1



Crear  "root" sobre a instalacion "sudo"

para poder utilizar gksu nos menús de IceWM
    $ sudo passwd
intoducimos a misma pass user e a repetimos

Neste punto debemos sair da sesión para que ".bashrc" faga o seu traballo, con exit



Crear  "sudo" sobre a instalacion "root"

A inversa, crear "sudo" nunha instalación de administración clasica de "su/root"
Instalamos sudo
    # aptitude install sudo
incluimos ao usuario na lista de autorizados a usar "sudo"
    # echo "user ALL=(ALL) ALL" >> /etc/sudoers
Intel wireless 3495
a partir de aquí xa podemos traballar como sudo



Problemas MPlayer

Error opening/initializing the selected video_out(-vo) device.

O erro que che da Mplayer é por que tes seleccionada unha saída de video non soportada polo tua controladora. Para solucionar esto inicia Mplayer, logo vas a opcións e buscas a entrada correspondente aos axustes de video. Una vez ahi seleccionas "xv" e reinicias Mplayer.
Si non puedes iniciar mplayer en modo gui , entonces abres como root o ficheiro /etc/mplayer/mplayer.conf e localizas a entrada comentada #vo=x11  descomentaa e a reemplazas por vo=xv despois inicias ou reinicias mplayer e listo.

lanzar con:      gmplayer -vo sdl
                        gmplayer -vo x11
                        gmplayer -vo xv



Escritorio Movistar

http://open.movilforum.com/wiki/index.php/Escritorio_movistar
http://open.movilforum.com/wiki/index.php/Escritorio_movistar:Pantallazos
Activar porto infravermellos
http://open.movilforum.com/archive/escritorio-movistar/ubuntu/escritorio-movistar.key
deb http://open.movilforum.com/archive/escritorio-movistar/ubuntu gutsy main



Instalar VLC

cambiar os repositorios a "etch"
limpar todo o relativo a vlc, dependencias etc...

    $ sudo apt-get install vlc mozilla-plugin-vlc

instala a familia ... vlc_0.8.6-svn20061012.debian-5.1+etch2_i386

e xa traballando

agora quedanos "bloquear" a versión, polo menos ata que solucionen o problema

    $ sudo aptitude hold vlc
    $ echo “vlc hold” | sudo dpkg --set-selections

o mesmo para vlc-nox

    $ sudo aptitude hold vlc-nox
    $ echo “vlc-nox hold” | sudo dpkg --set-selections

e para o plugin

    $ sudo aptitude hold mozilla-plugin-vlc
    $ echo “mozilla-plugin-vlc hold” | sudo dpkg --set-selectionscreo que seróa algo como:




Flash en Kazehakase

Metodo recomendado

Instalamos o reproductor desde os repositorios de Debian

    $ sudo apt-get update && sudo apt-get install flashplayer-mozilla

Agora  levámolo a onde o busca kazehakase

    $ cp -R /usr/lib/mozilla/plugins ~/.mozilla/



Activar porto infravermellos


Aínda que só sexa para pasar as fotos do móbil ó portatil, xa que temos ese porto, imos ver como configuralo.

Se durante a instalación xa nolo reconoceu, haberá instalado o módulo correspondente senón, como no caso do son, empregaremos modconf

    # lsmod | grep ir

"| grep ir" para que nos filtre a información

Sairános unha lista, no meu caso:

    ip_contract_irc     2986    0 (unused)
    ip_contract        19460    2 [ip_contract_ftp ip_contract_irc ipt_state]
    irda              153824    0 [toshoboe]

tomamos nota desta última líña e procedemos á instalación.

    # apt-get install irda-utils ircp

Durante a instalación, procédese á súa configuración, deberemos respostar a algunhas preguntas
¿Activar ó comezo o porto?
    Cada un ó seu criterio, por defecto digamosle que <Sí>
    Se optamos por <Non> para activalo # irattach irda0 -s
¿Montar o dispositivo empregando Discover?
    A non ser que saibamos exactamente o que estamos facendo, digamos que <Non>
Tipo:
    No meu caso que está integrado, eliximos Native
    Se é un dispositivo USB, pode ser calquera dos dous, adoitan ser Native pero algúns son conversores a Serial
Chip:
    Tal e como vimos en líña de información, no meu caso toshoboe
Module Options:
    Deixámolo en branco

Ao finalizar se facemos

    # ifconfig -v

Aparecerános un dispositivo irda0 cunha información similar á de eth0

¿Que foi o que instalamos?

irda-utils
Este paquete contén utilidades para manexar o "userspace" e para manexar os dispositivos infravermellos. Inclúe irattach, findchip, irdadump, irdaping e irpsion5.
Para o seu manexo, consultar con $ man útilidade por exemplo: $ man irdaping

ircp
É unha pequena utilidade para transferir arquivos de/cara a outra máquina Linux, Windows, PDAs etc.. usando o porto (IR) infravermello dunha computadora. Deseñado para traballar e.g. con Quickbeam.
Para recibir arquivos: # ircp -r
Para enviar arquivos: ircp nome-arquivo

Probado co meu teléfono móbil transferín sen ningún problema algunhas fotos do móbil ó portátil



Configurar Wicd

Verificamos que o ficheiro /etc/network/interfaces conten só as seguintes liñas activas

	auto lo
iface lo inet loopback

Se ha referencia a calqueira outra configuración de dispositivos, ou os borramos ou os comentamos (engadindo no inicio das liñas #)

E logo reiniciamos a rede con

	# /etc/init.d/networking restart

e iniciamos os demos necesarios con "bum", para elo diriximonos ao Menú → Configuración → Administrador de inicio e activamos os seguintes demos:

    dbus, hal e wicd

Unha vez rematada a instalación, xa podemos lanzalo dende o menú

Recomendamos que en "Prefrencias" configuremos que mostre sempre a rede con cabo e que engadamos unha configuración predeterminada.


Intel wireles 3495

O primeiro paso é saber que núcleo (kernel) temos
	$ uname -r

diranos algo como esto:

	2.6.24-1-486

anotamolo para despóis sustituir xx.x.xxx po lo que nos diga "uname-r" 

Instalando módulo e demo

	# aptitude install ipw3945-modules-2.6.xx-x-xxx
# aptitude install ipw3945d

Nunha sóa liña de ordenes:

	# aptitude install ipw3945d ipw3945-modules-2.6.xx-x-xxx
para quen queira facelo en GUI pode empregar Synaptic



Salvapantallas
Por defecto, como salvapantallas GALPon MiniNo quedase a pantalla negra, se queremos ter cores e movementos, instalaremos xscreensaver, ben desde Synaptic ou desde terminal
    # sudo apt-get install xscreensaver
    # exit
    $ update-menus

Para configurar tempos, figuras etc, podemos executar en terminal como usuario "normal"
    $ xscreensaver

ábrenos unha caixa de dialogo,  prememos en Settings
ou, en Programas -> Pantalla -> Gardar -> ScreenSaver Preferences
e ábrenos a ventá de configuración 
  



Cambiar o contrasinal de "sudo"

Abrimos unha terminal, en negriña o texto que debemos intoducir nós:

user@MiniNo:~$ sudo passwd

We trust you have received the usual lecture from the local System Administrator. It usually boils down to these three things:
    #1) Respect the privacu of others.
    #2) Think before your type.
    #3) with great power comes great responsability.

[SUDO] passwoord for user:user

Supoñamos que queremos pasar a utilizar o contrasinal MiniNo:

Enter new UNIX password:MiniNo
Retype new UNIX password:MiniNo
passwd: o contrasinal actualizouse con éxito
user@MiniNo:~$













    "Bugs" coñecidos

        # 1    Comportamento errático de "ivman" desmontando dispositivos USB        <Menor>
        # 2    CUPS abrese só en inglés                                                                        <Menor>