Revisado o 6-07-08 as 10:45



INSTALACIÓN DE DEBIAN LENNY BÁSICA

Usamos a seguinte versiÓn (a 06/07/08)
http://cdimage.debian.org/cdimage/lenny_di_beta2/i386/iso-cd/debian-LennyBeta2-i386-CD-1.iso

Eliximos modo avanzado (Advanced options)

eliximos modo experto (Expert install)
Nuns vellos portátiles, según inicia a carga:
    Loading /install.386/initrd.gz.................................
    ........ready.
Parece que se queda ahí trabado (no meu caso chega a estar 1 minuto ou algo máis).

Paciencia, xa avanzará !

Idioma: Galician "gl_ES.UTF-8" → Galego e complementario "es_ES.UTF-8"
Europa→ España, Teclado → Español

Ou a inversa, primeiro eliximos Español e despois como complementario o Galego

Compoñentes del instalador NON cargar ningún, simplemente continuamos con [Enter]

Nome da máquina: MiniNo
Nome de dominio: GALPon
Huso horario: Madrid (ou o que corresponda)

[Aceptar] [Aceptar] [Aceptar] até chegar ao formatado do disco

Formatar deixando unha partición para o e outra para swap (si se quere podese elixir a opción "Guiado")

Contrasinais: optar pola instalación tipo "sudo" e usar só "user" / "user"

En "shadow" eliximos <Si> e en permitir conectarse como administrador <Non>

    Usuario:    user
    Contrasinal:    user

Neste punto quero insistir, xa que temos recibido varios reportes de incidencias coa seguinte mensaxe:

INIT; cannot execute "/sbin/mingetty"

Esto debese a que a configuración de inittab con mingetty está feita para o usuario "user", polo que non funciona con ningún outro usuario.
Alguen apuntou a posibilidade de editar o inittab e cambiar o nombre de usuario, pero ese nome manexase en mais espazos do S.O., poo que si ben poderiamos facer que arrancasen as X, despois teríamos máis problemas.

== IMPORTANTE ==
Recomendo encarecidamente que usemos os procedimentos aquí indicados
1.- NON permitir conectarse como administrador
2.- usar como nom de usuario e como palabra de paso SEMPRE e SÓ "user" (sin las comiñas)

Utilizamos espellos de alemaña (? Francia, Finlandia) ftp.de.debian.org (o primero da lista)

Seleccionamos o núcleo máis alto que haxa, pero para 486
    Actualmente 2.6.24-1-486

Probado co núcleo 686 (2.6.24-1-686) vai perfectamente, tal e como tiñamos previsto, po lo que si queredes, podedes utilizalo

Selección de software → desmarcar todo [ ]

Neste punto, si estamos nun portatil podemos deixar marcada [*] a opción "Ordenador portátil", probado en varios TOSHIBAS PII vai perfectamente.

Aceptamos non-free

Aceptamos <Non> (por defecto) para instalar GRUB
    para instalar GRUB2 (experimental) desplazamos a selección a <Si>
Aceptamos instalalo en rexistro maestro de inicio

Tras o reinicio facer login como administrador (user/user y logo sudo su)


 

 SALVEDADE NO PROCEDIMENTO PARA QUEN QUEIRA FACER UNHA INSTALACIÓN BÁSICA (NON  EXPERTO)
LANZANDO A INSTALACIÓN POR DEFECTO... "install"

 Durante a instalación pidenos as chaves de root e despois o nome de usuario e o seu contrasinal
 
 Como chave de root podemos poñer a que queiramos
 
 COMO NOME DE USUARIO SÓ SE PODE POÑER user E COMO CONTRASINAL user
 ESTO É ESPECIALMENTE IMPORTANTE
 
 Unha vez que remate a instalación, xusto despois do reinicio identificamonos
 como "user" co contrasinal "user"

 Si durante a instalación foines a "ola" e creamos outro usuario, deberemos
 agora crear o usuario "user" co contrasinal "user"

 Identificamonos como root
    $ su
 o contrasinal que eliximos para root
 executamos
     # adduser user
 Iidenos que introduzamos o contrasinal: introduciremos ... user
 Pidenos que repitamos o contrasinal: introduciremos ... user
 REINICIAMOS

 Identificamonos como "user" co contrasinal "user"

 unha vez identificados e co prompt "user@MiniNo$" identificamonos como root
     $ su
 o contrasinal que eliximos para root
 executamos
     # apt-get install sudo

 cando remate executamos
     # echo "user ALL=(ALL) ALL" >> /etc/sudoers
 
 saímos do modo root
     # exit
 
 A partir deste momento xa podemos utilizar "sudo" e seguir coa instalación
 

en consola tras facer sudo su...

    cd /

    wget http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/script-beta

NOTA: Debido a rápida evolución que estamos a ter estes días, non utilicedes ningún outro que veaxades na web ainda que vos parezan máis actuais, moitas veces son "prototipos" nos que estamos facendo probas e é frecuente que vos "tiren ao lixo" todo o traballo anterior.
Antes de usar un script non indicado aquí consultar con Antonio ou con Miguel

    sh script-beta


Unha vez que remate o proceso...

    sudo shutdown -r now

ou un simple Ctrl+Alt+Del

reinicia

e debe acceder directamente ao "escritorio"

No "Cartafol persoal" tedes un documento «Axuda» cos casos que xa temos coñecido, si tes algún problema de configuración, consultao e si o teu problema é distinto e o solucionas, por favor reportanolo, para que poidamos incluílo.