X-CD Roast
Manual de uso

X-CD Roast é un programa para gravación de CDs/DVDs en modo gráfico baseado en modificacións de cdrecord e mkisofsAdemáis usa os programas readcdda e playcdda (ou modificacións deles) para extraer e gravar pistas de son.

Podemos iniciar XCDRoast desde o menu: Aplicacións / Multimedia / Gravador de CD-DVD
ou ben, tecleando desde unha terminal:
xcdroast

IMPORTANTE: A primeira vez que o executemos deberemos facelo desde unha terminal coa orde:
sudo xcdroast


xcdroast1


Agora prememos sobre “Configuración
Aparecen varias lingüetas:

A lingüeta: “Buscar dispositivos” aparece por defeto. Hai unha lista dos teus lectores e gravadoras.
É conviente premer sobre “Buscar de novo dispositivos” para que volva a buscar dispositivos e aparezan todos os dispoñibles.
Unha vez detectados todolos nosos lectores e grabadoras prememos sobre a lingüeta: “Configuración CD”

Na lingüeta "Configuración CD/DVD" configuramos o lector e la gravadora, así como as velocidades de lectura e/ou gravación

A opción “use paranoia mode for audio” usa
se para mellorar a calidade (a costa da velocidade) na extracción de pistas de son. Non poñas máis de 3 "retries per sector" a non ser que o CD orixinal esté moi castigado.

Na lingüeta: “Configuración disco ríxido” poñemos un directorio para almacenamento temporal das imaxes de CD (podemos poñer: /tmp p.ex. )

Lingüeta Miscelánea
Apartado Son: tes que seleccionar o dispositivo DSP (usa o botón probar para asegurarte de ter configurado o correcto). Ademáis podes decirlle por onde e cando queres escoitar os pitidos do programa.
En Internacionalización pon Idioma: Sistema por defecto e nos demáis apartados podes deixar o que hai predeterminado.


xcdroad2

Se queres que só root poida gravar CDs tes que facer o seguinte:
- Entrar ao programa como root (sudo xcdroast)
- Na configuración, ademáis das lingüetas anteriores, saira outra chamada Usuarios

- Busca (na lingüeta usuarios) a opción Cambiar configuración «non administrador»

Prememos agora sobre “Gardar configuración

Prememos sobre o botón Aceptar da esquerda e estamos no menu principal da aplicación onde temos dúas opcións:


Duplicar CD/DVD

Ao premer sobre o botón “Duplicar CD/DVD”  aparecenos unha ventá con diferentes lingüetas.

A lingüeta “Información imaxe de CD” informanos do CD introducido no lector e das súas diferentes pistas (de son ou de datos).

No caso dun CD-Son:
Consultar CDDB (se tes conexión a Internet podes buscar na base de datos o titulo/autor do teu CD) e así as pistas de son teran o seu nome de canción cada unha.

xcdroast5b
xcdroad4

Editar titulos para CD-text
permite escribir os títulos das cancións no CD (cando reproduzas os teus Cds de son nun aparato que teña esta opción, aparecerán os títulos no Display do equipo).

Si xa usache antes "Consultar CDDB" aforraraste o  ter que escribilos manualmente.

Activa "Use for al tracks" poá o autor en todalas pistas.

xcdroast6b

Recorda que hai dúas formas de duplicar un CD:

Copia con imaxe

  1. prememos “Ler CD/DVD” (nos botons da esquerda)

  2. prememos “Ler todas as pistas” (no botón inferior do panel grande) <imaxe 7>

  3. prememos “Gravar CD/DVD” (nos botons da esquerda)

  4. Aseguramonos que Ficheiro índice (TOC) esté como /tmp/track.toc (que non esté on-the-fly)

  5. prememos Gravar CD/DVD” (no botón inferior do panel grande)

xcdroast-7

Copia ao vóo

  1. prememos “Gravar CD/DVD” (nos botons da esquerda)

  2. Aseguramonos que  Ficheiro índice (TOC) esté como Copiar directamente

  3. prememos “Gravar CD/DVD” (no botón inferior do panel grande)



Crear CD/DVD

Podemos crear un CD/DVD usando como fonte:

Ademáis poderemos crear un CD/DVD:


Crear un CD con ficheros de nuestro disco duro

Tras premer sobre “Crear CD/DVD” nol panel lateral esquerdo

Prememos sobre “Facer pistas maestro

Lingüeta Directorio fonte
No panel dereito
Cadro de dialogo... temos os cartafois do disco ríxido, que debemos seleccionar.
No panel esquerdo amosará os cartafois e ficheiros que imos engadindo.

As caixiñas Amosar tan só os directorios e Amosar ficheiros ocultos marcaremolas segundo as nosas necesidades.

Seleccionamos os cartafois que queiramos e prememos “Engadir”. Aparecenos unha ventá na que teremos que indicarlle la ruta na que aparecerán no CD. Podemos elexir entre algunha das opcións que nos ofrece, ou ben, por nosoutros a ruta (Engadir unha ruta específica):

Se queremos retirar algo que engadimos, selsccionamolo no panel esquerdo e prememos  “Excluir"

Cando teñamos rematado a selección de ficheiros e cartafois podemos ir configurando as seguintes lingüetas.

Lingüeta Opcións ISO9669: non necesitas cambiar os valores predeterminados (a non ser que sepas o que fas)

Lingüeta Opións de auto arranque: cando queiramos un CD bootable (con autoarranque)

Lingüeta Cabeceira ISO9660: si queremos poñerlle nome ou outros datos de cabeceira

Lingüeta create session/imaxe

Aquí debes mirar algunhas opcións como:
  • espazo que ocupan os ficheiros a gravar
  • tamaño do CD (74 m, 80 m, ..)
  • si queres un CD multi-sesión
  • etc.


xcdroast8

xcdroast9

Cando teñas todalas opcións comprobadas, debes elexir entre premer un destes botons:

Se eleximos copiar directamente .. prememos Aceptar e xa rematamos

Se nos decidimos por crear unha imaxe, debemos premer sobre o botón “Gravar pistas” no panel lateral esquerdo. Agora seleccionamos a imaxe e prememos “Engadir” e despois prememos: “Aceptar disposición das pistas”.

Por último: lingüeta “Gravar as pistas” e botón “Gravar as pistas”. Prememos Aceptar e xa temos rematado.

Grabar unha imaxe ISO

Para grabar unha imagen.iso debemos:

  1. Copiar o ficheiro imaxe.iso no directorio /tmp (ou no que teñamos elexido durante a configuración del xcdroast)
  2. Abrir XcdRoast e oremerr “Crear CD(DVD”
  3. Premer “Gravar pistas”, seleccionar a imaxe, premer “Engadir”
  4. Aceptar disposición das pistas” e “Gravar pistas”
Extraer pistas de son dun CD

- Una vez introducido o CD-Son no lector, entramos nun dos menss (Crear CD/DVD oU Duplicar CD/DVD)
- Prememos "Ler Pistas"

- Seleccionamos as pistas a extraer
- Prememos "Ler pistas seleccionadas"
- As pistas  gravaran
se (en formato .wav) no cartafol /tmp (ou no que indicaras na configuración)


Borrar as imaxes e pistas creadas no disco ríxido durante as copias

Podes borralas manualmente (están no cartafol
/tmp  ou no que indicaras na configuración)
Para borrarlas desde o xcdroast, preme o botón "Borrar pistas" ey despois selecciona as pistas a borrar


Borrar un CD/DVD+-RW (regrabable)

Entra sucesivamente nos seguintes menus:
Crear CD/DVD / Facer pistas maestro / lingüeta Crear sesión/imaxe / Borrar CD/DVD+-Regravable


Máis información sobre xcdroast (en inglés) en: http://www.xcdroast.org/manual/

NOTA.- Este manual é unha adpatacion/actualización de: http://www.infonegocio.com/lubrin/guadalinex/apendiceC3.html