Relación de tarxetas probadas sobre MiniNo,
incidencias que presentan e solución no seu caso

SENAO SL-2511 CD PLUS(E100) Wireless LAN PC Card (PCMCIA)
SMC SMCWCB-G Wireless Cardbus Adapter (PCMCIA)
D-Link DWL-G122 Wireless G USB Adapter (Versión C1) (USB)
Tarxetas con dispositivo Intel wireles 3945


SENAO SL-2511 CD PLUS(E100) Wireless LAN PC Card (PCMCIA)
    chip: Prism v.2.5
    recoñecida por "lspci" como:
    ??
    según sudo pccardctl ident
    product info: "INTERSIL", "HFA384x/IEEE", "Version 01.02", ""
    manfid: 0x0156, 0x0002
    function: 6 (network)
MiniNo activa todos os controladores dispoñibles para este dispositivo
    orinoco
    hermes
    hostap
con o  que o sistema  volvese "parvo" e non activa a conexión, así que vamos a empregar só o módulo básico, é dicir o orinoco, para elo enviamos os demais a "lista negra",  editamos:
    sudo nano /etc/modprobe.d/blacklist
e no final engadimos as seguintes liñas:
    blacklist hostap_cs
    blacklist hostap
    blacklist hermes
Reiniciamos e o sistema recoñecea como dispositivo ethX.
Teñamos en conta que así non nos permitirá tramitar contrasinais WPA.

Quen precise traballar con contrasinais WPA deberá tomarse un pouco de traballo e indagar como facer funcionar o módulo hostap.


SMC SMCWCB-G Wireless Cardbus Adapter (PCMCIA)
    chip: Atheros AR2413
    recoñecida por "lspci" como:
    02:00.0 Ethernet controller: Atheros Communications Inc. AR2413 802.11bg NIC (rev 01)
O sistema recoñecea automáticamente como dispositivo wlanX, emprega o modulo "ath5k_pci".
Totalmente operativa sen ningunha operación adicional.

D-Link DWL-G122 Wireless G USB Adapter (Versión C1) (USB)
Deste dispositivo, nestos momentos hai no mercado dúas versións (ver etiqueta do dispositivo):
    Versión B1 chip: Ralink rt2570
    Versión C1 chip: Ralink rt73usb
    recoñecida por "lsusb" como:
    
Nos temos probado a versión C1. que o fabricante anuncia como "Compatible Linux" na embalaxe.
O sistema recoñecea automáticamente como dispositivo wlanX.
No noso caso (versión C1) o controlador xa está instalado, pero o firmware non é libre, polo que non forma parte da instalación básica.
Teremos que instalar manualmente este "firmware", para elo debemos asegurarnos de que temos activo o repositorio non-free de Debian e executar nunha terminal (Ctrl+Alt+T) a seguinte orde:
     sudo apt-get install firmware-ralink
editamos o ficheiro "/etc/modules/" e engadimos a referencia ao dispositivo para que active o controlador en cada inicio:
    sudo nano /etc/modules
ao final de todo engadimos a seguinte liña:
    rt73usb
Pulsamos Ctrl+O para gardar, confirmamos con [Enter] e Ctrl+X para salir.
Ao rematar a instalación, xa poderemos utilizar o dispositivo para conectarnos.

Según a información que fumos vendo na "rede" para o chip rt2570 debe seguirse o mismo procedimento, pero non o temos comprobado ao non dispor dun dispositivo con ese "chip"


Tarxetas co dispositivo Intel wireles 3945 (habitual en portátiles actuais como módulo integrado)
    chip: ipw3945
    recoñecida por "lspci" como:
    06:00.0 Network controller: Intel Corporation PRO/Wireless 3945ABG Network Connection (rev 02)

Neste caso, atopamonos cun controlador non libre, para a súa instalación debemos de asegurarnos de que temos activado o repositorio non-free de Debian e seguir este procedimento:

O primeiro paso é saber que núcleo (kernel) temos
    uname -r
 diranos algo como esto:
    2.6.26-1-486
anotamolo para despois substituir xx.x.xxx polo que nos diga "uname-r"

Instalando o módulo, o daemon e o firmware
    sudo aptitude install ipw3945-modules-2.6.xx-x-xxx
    sudo aptitude install ipw3945d
    sudo aptitude install firmware-ipw3945

Nunha sóa liña de ordenes:
    sudo aptitude install firmware-ipw3945 ipw3945d ipw3945-modules-2.6.26-1-486
    (ou o que nos indique "uname -r")

Comprobar si recoñece a interface de wireless con:
    sudo iwconfig
Engadimos o contolador á lista de módulos
    sudo modprobe ipw3945
Reiniciamos o daemon
    sudo /etc/init.d/ipw3945d restart
    Devolveranos algo como:
        Stopping ipw3945 regulatory daemon: ipw3945d
        Starting ipw3945 regulatory daemon: ipw3945d

E xa debe estar funcionando.

Quen queira facelo de xeito gráfico pode empregar Synaptic para esta instalación.