

Instruccións para poder empregar o proxecto (probado en Ubuntu 10.04 e 11.04):


Descargar Django 1.3 do sitio web:
    
    Descargar e seguir as instrucións de instalación da opción 1 tal como se indica en https://www.djangoproject.com/download/
    
    
Instalar aplicacións de Django:

    Executar as seguintes ordes nun terminal (Pode que sexa necesario instalar antes easy_install mediante o paquete python-setuptools en Ubuntu):

    sudo easy_install django-guardian
    sudo easy_install django-registration
    sudo easy_install django-profiles


Instalar e configurar PostgreSQL:

    Instalar PostgreSQL
    Instalar python-psycopg2
    
    Crear novo usuario en PostgreSQL (executar nun terminal as seguintes ordes):
    
        sudo -u postgres createuser --superuser usuario
        sudo -u postgres psql
        
        Na consola que aparece escribir o seguinte:
        
        \password usuario
        
        Escribir o novo contrasinal, por exemplo  usuario  , dúas veces
        Premer Ctrl+D para saír da consola psql
        
    
    Instalar PhpPgAdmin, PgAdmin3 ou semellante para xestionar as bases de datos. En caso de escoller PhpPgAdmin para empregalo hai que visitar http://127.0.0.1/phppgadmin/


Crear BD baleira:
    
    Conectarse ao servidor PostgreSQL empregando a ferramenta de xestión escollida (PhpPgAdmin p.ex.) co usuario recén creado
    Crear unha nova base de datos de nome terminator e con codificación UTF-8


Descargar Terminator:
    
    Se non se dispón de git haberá que instalalo.
    
    Abrir un terminal e executar a seguinte orde (supoñamos que o directorio de traballo é o Escritorio):
    
        git clone git://gitorious.org/terminator/terminator.git


Instalar fixtures:
    
    Abrir un terminal
    Situarse no directorio ~/Escritorio/terminator/project/  (supoñendo que se descargou con git o código de terminator no Escritorio)
    Executar a seguinte orde:
    
    python manage.py syncdb
    
    NOTA: ao executar a orde anterior pregúntase se desexa crear un superusuario. Pode facelo proporcionando os datos que desexe.
    

Iniciar servidor de desenvolvemento:
    
    Executar a seguinte orde desde un terminal situado no directorio ~/Escritorio/terminator/project/
    
    python manage.py runserver


Visitar cun navegador web:

    http://127.0.0.1:8000/
    
    A instalación predeterminada xa inclúe datos iniciais e proporciona varios usuarios entre os que se atopa o usuario con permisos de administración "usuario" con contrasinal "usuario". Hai outros usuarios con diferentes niveis de permisos chamados "dono", "lexi" e "term" (os contrasinais son iguais ao nome de usuario). Se desexa probar o software con máis datos inicie sesión co usuario "usuario" e importe un ficheiro TBX, por exemplo o ficheiro dispoñible en http://trasno.net/content/resultados-das-trasnadas






