Este script é unha mestura entre o código de http://wiki.softwarefreedomday.org/CountDown/code e o código de https://code.launchpad.net/~newz/ubuntu-website/countdown (simplificandoos o máximo posible).

CONTIDOS
nesta carpeta temos as seguintes utilidades:
1º Un cartafol que conten as imaxes do banner do SFD en formato svg (para quen queira facer alguna modificación).
2º Un cartafol que conten as imaxes do banner do SFD en formato png (imaxes coas que vamos a traballar, importante manter eses nomes).
3º Un script feito en python co que trataremos as imaxes.

USO
1º Mover o cartafol a un sitio axeitado (eu estou pensando en polo en sites/all ou sites/default ou sites/default/files, nun futuro non será mala idea intentar facelo con php en vez de python e crear un módulo para drupal)
2º Modificar o contido da variable "PATH_ROOT" do script countdown.py
3º Executar o script para ver que funcione correctamente (ten que crear un link simbolico da imaxe que corresponda ese día co nome "software-freedom-day.png")
4º Engadir o scrtipt countdown.py ao cron para que se execute todolos días (as 00:00) para que actualice a imaxe que se visualizará nese día (para calqueira dúbida sobre o cron consultar http://es.wikipedia.org/wiki/Cron_%28Unix%29)
5º Enlazar (como imaxe) a imaxe "software-freedom-day.png" a nosa páxina. Se todo foi ben teremos contador SFD na nosa páxina.

Traballo realizado por galpon.org e feito para todo o mundo.
