Gardarei os meus contrasinais e datos personais como información confidencial. Non compartirei estos datos con ninguén máis que non sexan ós meus pais. Non entregarei información persoal (enderezo, teléfono, rutas, etc.) a descoñecidos na rede; e cando algún sitio a pida consultarei antes cos meus pais ou adultos máis cercanos. Cada vez que empregue material da Internet (libros, revistas, imaxes, etc.) debo citar ó autor ou o sitio onde obtiven a información. Usarei os contidos da Internet para crear os meus propios materiais e compartilos cos meus amigos. Non contestarei mensaxes que me fagan sentir incomodo(a) ou asustado(a). De ocorrer falareino cos meus pais. Non abrirei ficheiros que estén adxuntos en mensaxes de descoñecidos e non contestarei nin reenviarei "spam" ou mensaxes lixo. Ensinareille ós meus pais todo o que aprenda nos sitios que visite e as ferramentas ou programas que utilice.