Instalación básica de Debian Etch e Lenny/Testing

De Gruvi

Tabla de contenidos

Limiar

Obter o CD para proceder a instalación dende este enderezo

http://cdimage.debian.org/debian-cd/4.0_r3/i386/iso-cd/debian-40r3-i386-netinst.iso


Paso 1: Realizamos o netinstall ó minimo

  • Eleximos idioma
  • Eleximos xeito de particionado
  • Fornecemos datos de root e usuario
Datos a considerar
Maquina: debian
Root: root // root
Usuario: usuario // usuario
  • Eleximos espello
    • Recomendo Alemaña, Finlandia ou Francia.
  • Tipo de instalción / Selección de aplicacións
    • Facemos unha instalación mínima ou o que o mesmo, eliminamos o astrisco [*] (cara a [ ]) de tódalas opcións, tan só no caso dos portátiles deixaremos seleccionada ([*]) a opción Ordenadores portátiles.

Despois de instalar o GRUB fará un reinicio.

De volta no S.O., cando nos presente a opción de identificació "máquina@login:" identificaremos como root


Paso 2: Configurar arquivo de fontes sources.list.

Según o caso deixaremos o ficheiro según se indica

Para utilizar Etch.

# deb cdrom:[Debian/GNULinux 4.0 r3 _Etch_ -Official i386 NETINST-CD Binary-1 20080218-14:15]/ etch contrib main 

deb ftp://de.debian.org/debian/ etch main contrib non-free
# deb-src ftp://de.debian.org/debian/ etch main

deb http://security.debian.org/ etch/updates main contrib non-free
# deb-src http://security.debian.org/ etch/updates main contrib

## Debian multimedia
# deb http://www.debian-multimedia.org etch main

## ROX
deb ftp://ftp.berlios.de/pub/rox4debian binary/

## Wicd
# deb http://apt.wicd.net debian extras


Para utilizar Lenny.

# deb cdrom:[Debian/GNULinux 4.0 r3 _Etch_ -Official i386 NETINST-CD Binary-1 20080218-14:15]/ etch contrib main  

deb ftp://de.debian.org/debian/ lenny main contrib non-free
# deb-src ftp://de.debian.org/debian/ etch main

deb http://security.debian.org/ lenny/updates main contrib non-free
# deb-src http://security.debian.org/ etch/updates main contrib

## Debian multimedia
# deb http://www.debian-multimedia.org lenny main

## ROX
deb ftp://ftp.berlios.de/pub/rox4debian binary/

## Wicd
# deb http://apt.wicd.net debian extras

Para utilizar Testing.

# deb cdrom:[Debian/GNULinux 4.0 r3 _Etch_ -Official i386 NETINST-CD Binary-1 20080218-14:15]/ etch contrib main 

deb ftp://de.debian.org/debian/ testing main contrib non-free
# deb-src ftp://de.debian.org/debian/ etch main

deb http://security.debian.org/ testing/updates main contrib non-free
# deb-src http://security.debian.org/ etch/updates main contrib

## Debian multimedia
# deb http://www.debian-multimedia.org testing main

## ROX
deb ftp://ftp.berlios.de/pub/rox4debian binary/

## Wicd
# deb http://apt.wicd.net debian extras

En calqueira dos casos, gardamos e saímos.


Paso3: Executamos

# aptitude update
# aptitude -y dist-upgrade

Si facemos unha actualización a Lenny/Testing, é recomendable repetir a orden aptitude -y dist-upgrade varias veces, até que non atope nada máis para actualizar.

A partir de aquí podemos facer algunha das seguinte instalacións.


Instalación de ROX-Filer con IceWM

Instalación de ROX con IceWM

Instalación de ROX-Desktop (incluíndo OroboROX)

Axustes postinstalación

Reducir consumos / Aforrando recursos

Eliminando consolas

Ó acceder ó noso sistema, aparte da pantalla en modo gráfico, hai 6 consolas en modo texto (ás que se pode acceder premendo CONTROL+ALT+(desde a tecla F1 ata a tecla F6, a tecla F7 volta acceder ó xeito gráfico) executándose en segundo plano. Para aforrar memoria, poden non activarse as 6, senón deixar só 1 ó 2, por se o sistema gráfico ten algún problema.

# nano /etc/inittab

Dentro deste arquivo, buscamos as seguintes líñas:

1:2345:respawn:/sbin/getty 38400 tty1
2:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty2
3:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty3
4:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty4
5:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty5
6:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty6

Comentamos as consolas que non queremos que se inicien. Para desactivar todas as consolas de texto menos a primeira debe quedar así:

1:2345:respawn:/sbin/getty 38400 tty1
2:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty2
#3:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty3
#4:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty4
#5:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty5
#6:23:respawn:/sbin/getty 38400 tty6

Este aforro de recursos terá efecto despois do reinicio da máquina

Menor uso do disco ríxido, más velocidade de acceso e menor consumo de enerxía

# nano /etc/fstab

deixamos as líñas de montaxe do disco ríxido así

/dev/hda2    /       ext3    defaults,noatime,errors=remount-ro 	0       1
/dev/hda3    /home   ext3    defaults,noatime 				0       2

Se non queres reiniciar a máquina para que teña efecto a modificacion, executa:

mount -o remount,noatime /
mount -o remount,noatime /home
Breve explicación (Ricardo Galli)
Seguindo o diseño orixinal de Unix, para cada ficheiro almacénanse unha serie de "metadatos", entre eles a data de creación/modificación -mtime-, modificación do inodo -ctime-, e también a data de último acceso -o atime-. Iso significa que aínda que se acceda a un ficheiro para sóo lectura xérase unha escritura ó disco para actualizar a hora de acceso -ten precisión dun segundo-. Isto ocorre aínda que o contido do ficheiro esté completamente no pagecache, o que o fai aún más ridículo.
O noatime indica que non se actualice a hora de acceso a un ficheiro.
¿Por qué séguese usando? Sobre todo por razóns históricas e porque uns poucos programas de correo -creo que tamén o mutt- úsano para verificar se chegou un correo novo. Xa non ten nin sentido para isto, porque o Linux ten interfaces más adecuadas para iso, por exemplo o inotify, que notifican ós programas cando se modifica un ficheiro ou directorio.

Parar servizos non necesarios

Para cubrir o maior número de situacións posibles, Debian inicia toda unha serie de servizos que, ás veces, non son necesarios. Se deshabilitamos os que non necesitamos, non estarán durmindo e consumindo memoria.

Abrimos unha terminal e desprazámonos ao directorio /etc/init.d

$ cd /etc/init.d

Vexamos qué servizos se están executando:

$ ls

os procesos que aparecen en verde son os que se están a executar.

Denegamos o permiso de execución para os que non queiramos arrincar: chmod -x nome_de o_servizo. Por exemplo, se non usamos aumix, (como no caso dun portatil con xestión de volume por "hardware") non o necesitamos para reproducir música desde CD, aplicaremos

# chmod -x aumix

Se nos equivocamos ou simplemente queremos volver á configuración inicial, volvemos a habilitar o servizo facendo:

# chmod +x aumix.

Servizos que normalmente non se usan nun ordenador de escritorio:

ntpdate: Actualiza o reloxo do sistema sincronizándoo cada vez que se reinicia.
pcmcia: Usase, especialmente, en portátiles que teñan tarxetas PCMCIA.
ppp: Protocolo punto a punto. So ten sentido se usas un modem para conectar a Internet
powernowd: En teorí­a úsano os procesadores AMD para xestionar o uso da enerxí­a.
rsync: Utilidade para transferir arquivos para facer copias ou manter un espello sincronizado.
fetchmail: Recolle e reenví­a correo e actúa como pasarela cara ao servizo smtp.
postfix: axente de transferencia de correo, parecido a sendmail. Personalmente, con gMail e Sylpheed chégame.

Neste punto, ao ser cada caso distinto, só podo recomendar que antes de evitar que arrinque un servizo sáibase para que serve: man nome_do_servizo ou ben busquemos en Google más información sobre o mesmo (o patron de busqueda debian nome_do_servizo sempre me da bo resultado).

Hai que observar si se desactiva algún servizo que usen outras aplicacións e no seu caso, volver activalo.

Iceweasel/Firefox

Pódense facer cambios en Iceweasel/Firefox para aumentar o número de conexións e para que aproveite outros parámetros.

  • Abrimos Firefox e na barra de direccións escribimos: about:config e pulsamos enter.
    • Cambiamos estes valores. Para iso, facemos dobre click encima da líña que queremos modificar e no cadro de diálogo que aparece, escribimos o valor novo:
      • network.dns.disableIPv6 → Cambiamos o valor a true (basta cun dobre click)
      • network.http.max-connections → Cambiamos o valor a 128
      • network.http.max-connections-per-server → Cambiamos o valor a 48
      • network.http.max-persistent-connections-per-proxy → Cambiamos o valor a 24
      • network.http.max-persistent-connections-per-server → Cambiamos o valor a 12
    • Se dispoñemos de conexión de banda larga, tamén podemos modificar os seguintes valores:
      • network.http.pipelining → Cambiamos o valor a true (basta cun dobre click)
      • network.http.proxy.pipelining → Cambiamos o valor a true (basta cun dobre click)
      • network.http.pipelining.maxrequests → Cambiamos o valor a 30

Chaves de Debian multimedia

Temos dúas formas de facelo:

Modo 1:

Descargamos un ficheiro xerador de chaves.

$ wget http://debian-multimedia.org/pool/main/d/debian-multimedia-keyring/debian-multimedia-keyring_2007.02.14_all.deb

e procedemos a instalalo

# dpkg -i debian-multimedia-keyring_2007.02.14_all.deb

Modo 2:

Empregando aptitude

# aptitude install debian-multimedia-keyring

Ignoramos a advertencia de seguridade sobre missing GPG key Escribindo ("S" maiúsculo e "'" tilde no "i")