Configuración común de ROX-Filer e IceWM
De Gruvi
Configurar Rox-Filer
Prememos boton dereito do rato no fondo do escritorio e seguimos a secuencia ROX-Filer → Options abrenos unha ventá e nela:
- Translation
- Seleccionamos Spanish
- Filer windows
- Desmarcamos Single-click navigation
- Pinboard
- Desmarcamos Single-click to open
- Pinboard → Iconified windows
- Desmarcamos Show iconified window
- Types
- Na caixa Icon theme seleccionamos arwagner
- Compatibility
- Marcamos Override window manager control of the pinboard and panels
Configurar IceWM
Configuración de "preferences"
Neste ficheiro configuramos o comportamento xeral do xestor de fiestras.
Editamos como usuario, nunca como administrador, con nano ou leafpado arquivo ~/.icewm/preferences
Só presento as líñas significativas, no seu caso con notas aclaratorias.
Facer que ó deslizar o punteiro do rato polos menús despréguense os submenús.
# Menus track mouse even with non mouse buttons held MenuMouseTracking=1 # 0/1
Poñer a barra de tarefas na parte de enrriba da pantalla (0 é abaixo).
# Task bar at top of the screen TaskBarAtTop=1 # 0/1
En portátiles, monitoriza vida da batería.
# Show automatic power management (APM) status on task bar TaskBarShowAPMStatus=1 # 0/1
Configuración para Sylpheed-claws
Poñer na barra de tarefas, á beira do reloxo, "un sobreciño" que nos indica se hai correos novos.
# Show mailbox status on the task bar TaskBarShowMailboxStatus=1 # 0/1
Para que este avisador funcione correctamente, haberá que configurar Sylpheed (ou o xestor de correo que empreguemos) para que comprobe correo novo. En Sylpheed é: Configuración → Preferencias → pestana Recibir → Comprobar correo novo ...
Para o sobreciño anterior, contador de correos recibidos.
# Count messages in mailbox TaskBarMailboxStatusCountMessages=1 # 0/1
Para que nos avise cun pitido cando entre un correo novo.
# Beep when new mail arrives TaskBarMailboxStatusBeepOnNewMail=1 # 0/1
Activar o contador de correos
# Count messages in mailbox TaskBarMailboxStatusCountMessages=1 # 0/1
Indicar cada canto tempo debe comprobar no directorio Mail de Sylpheed si hai correo novo
# Delay betwee new-mail checks. (seconds) MailCheckDelay=30 # [0-86400]
Aquí indicaremos o tempo en segundos, por defecto é cada medio minuto, 0 indica que "nunca", axustarémolo dependendo da necesidade que teñamos de actualización, creo que unha boa opción é que o faga cada 10 minutos (600) ou máis si non temos unha necesidade de actualización moi grande.
Utilizando Sylpheed, esta é a dirección ó directorio de correos entrantes.
# Mailbox path ($MAIL is used if non value is specified) MailBoxPath="/home/usuario/Mail"
Por defecto é aquí onde Sylpheed crea o directorio (cartafol) si nós fixemos que fora noutro enderezo debemos indicalo.
E estas ordes seguintes son para que ó picar sobre o "sobreciño" abrase o xestor de correo.
A primeira e para que ó faga cun só click (afecta a todalas aplicacións situadas na bandexa de iconas de sistema -tray icon-)
# Execute taskbar applet commands (like MailCommand, ClockCommand, ... ) on single click TaskBarLaunchOnSingleClick=1 # 0/1
# Command to run on mailbox MailCommand="sylpheed-claws"
# WM_CLASS to allow runonce fos MailCommand MailClassHint="main_window.Sylpheed""
Para saber cal é o parámetro anterior executamos en terminal # xprop | grep WM_CLASS e daranos (no caso de Sylpheed) os seguintes valores WM_CLASS(STRING) "main_window", "Sylpheed" que deberémos "interpretar e escribir como indico na liña oportuna. Interpretando as cores dos "sobreciños"
- Sobre vermello fondo gris: Erro (normalmente na conexión do xestor correo ó/ós proveedores de correo).
- Sobre negro fondo branco: O "sobreciño" está conectado ó directorio "Mail".
- Sobre negro fondo verde: Correos sin leer.
- Sobre negro fondo gris: O "sobreciño" NON está conectado ó directorio "Mail".
- Sobre negro fondo marelo: Correo novo.
Ventás/escritorios
Como nos iremos quedando sen sitio na barra de tarefas, non ten sentido que teñamos acceso á lista de fiestras/escritorios, asà que se quereis quitala.
# Show "window list" menu on task bar TaskBarShowWindowListMenu=0 # 0 / 1
Monitor da actividade da CPU.
# Show CPU status on task bar TaskBarShowCPUStatus=1 # 0 / 1
Monitor da actividade da rede.
# Show network status on task bar TaskBarShowNetStatus=1 # 0 / 1
Indicar que dispositivo de rede queremos Monitorar.
# Network device for which to show status NetworkStatusDevice="eth0" # eth1 wlan0 ra0 ppp0 irda0 etc... separados por espazo en branco
Axustar o tempo entre "clicks" do rato.
# Multiple click estafe MultiClickTime=400 # 0-5000
Rutas as iconas.
# Icon search path (colon separated) IconPath="/usr/share/icons:/usr/share/pixmaps:/home/usr/.icewm/icons:/usr/share/icewm/icons:/usr/share/icewm/mailbox" # As rutas sepáranse con":" dous puntos, sen espazos.
Para activar nos menús a opcion "Usar..."
equivalente a "Executar..." para executar aplicacións sen abrir a terminal.
É necesario instalar a aplicación grun.
# Command to select and run a program RunCommand="grun -w"
En IceWM temos outra posibilidade (en configuración por defecto) pulsando Ctrl+Alt+BarraEspaciadora ábrenos na barra de tarefas unha líña de ordes, para executar aplicacións como administrador/root, só temos que antepoñer "gksu" ó nome da aplicación ou a tarefa, por exemplo: gksu evim /etc/apt/sources.list, ou gksu synaptic.
Orde para o apagado e reinicio do equipo como usuario.
# Command to shut down the system ShutdownCommand="sudo /sbin/shutdown -h now" # Command to reboot the system RebootCommand="sudo /sbin/shutdown -r now"
Neste punto tamén deberemos editar o ficheiro sudoers
# nano /etc/sudoers
e engadir ó final a liña:
ALL ALL=(ALL) NOPASSWD:/sbin/shutdown
Formato do reloxo en HH:MM:SS, 20:33:46.
# Clock Time format (strftime format string) TimeFormat="%X"
Formato da data no globo ó pasar o puntero polo reloxo.
Esta configuración preséntao así: sábado 01 setembro.
# Clock Date format for tooltip (strftime format string) DateFormat="%A %d %B"
Reducir as fiestras/escritorios.
# Names of the Workspaces WorkspaceNames=" 1 "," 2 "
Configuración de "taskbar"
Neste ficheiro configuramos o contido e o comportamento específico da barra de tarefas.
Editamos como usuario, nunca como administrador, con nano ou leafpado arquivo ~/.icewm/taskbar
Configuración de "menu"
Neste ficheiro configuramos o contido e o comportamento específico do menú desplegable.
Editamos como usuario, nunca como administrador, con nano ou leafpado arquivo ~/.icewm/menu
Configuración de "winoptions"
Neste ficheiro configuramos o comportamento específico das ventanas das aplicacións, de tal xeito que só configuraremos aquelas que queiramos un comportamento distinto ó "comportamento por defecto".
Editamos como usuario, nunca como administrador, con nano ou leafpado arquivo ~/.icewm/winoptions

